Preseleccións Galegas: os cadetes ultiman o equipo

A Preselección Galega Cadete Masculina centra a atención da fin de semana no que ao apartado dos nosos Combinados Autonómicos se refire.

O cadro técnico desta Preselección, comandado por César Iglesias, concentra este domingo, 15 de decembro, en A Estrada a un total de 12 xogadores, que traballarán en horario de mañá e tarde. Axustar detalles técnicos e continuar afondando na mentalidade de grupo preséntase como o seu obxectivo.

Será esta, con seguridade, a derradeira xornada de adestramentos antes de coñecer, oficialmente, ao equipo definitivo que representará a Galicia no Campionato de España da categoría, prevista a súa celebración entre tres e seis do vindeiro xaneiro en Cáceres.

A lista de xogadores convocados para a cita deste domingo 15 pode consultarse no documento que se achega.

Preselección Galega Cadete Masculina: 15/12/13 – A Estrada

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram