Preseleccións Galegas: as minis regresan aos adestramentos

Nova cita co traballo para as Preseleccións Galegas Minibasket. Nesta fin de semana, 9 e 10 de febreiro; os combinados autonómicos desta categoría afrontan a que será a súa única convocatoria deste mes, e fano na localidade de Marín.

As nosas preseleccións adestrarán en dobre xornada e de xeito completo nas instalacións da Residencia San Narciso, sede xa coñecida para o traballo técnico da área deportiva FGB. En horario de mañá e tarde, completarán un novo paso na súa preparación, o cal será tamén a previa da súa participación no xa tradicional Torneo amigable de Seleccións que organizará a propia FGB no mes de marzo como proba perfecta para o futuro Campionato de España.

Cambios no cadro técnico
Nesta concentración están chamados a participar un total de 17 xogadores e 16 xogadoras comandados polo seus cadros técnicos habituais, rexistrándose neste apartado un cambio en categoría masculina. Neste caso, a preselección estará liderada a partir desta convocatoria polo técnico José Valentín Pérez Vila, adestrador ourensán que accede a este cargo tras a saída do mesmo do anterior Seleccionador, Javier Cotelo.

O equipo que acompañará a Valentín nesta nova etapa complétase coa entrada de Adrián Álvarez (Basquet Coruña) como axudante; e co delegado, xa activo neste grupo dende o inicio de temporada, Nacho Mota.

 

Preselección Galega Minibasket Masculina: 09 – 10/02/19
Preselección Galega Minibasket Feminina: 09 – 10/02/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram