Preseleccións Galegas: os cadetes visitan de novo A Estrada

A fin de semana que se achega trae consigo a quinta concentración da temporada para a Preselección Galega Cadete Masculina. 14 xogadores citados polo responsable técnico desta categoría, César Iglesias; reuniranse este domingo, 24 de novembro; en A Estrada para intensificar a súa preparación.

O combinado galego afronta esta nova convocatoria coñecedor xa da previsión de sede para o seu vindeiro Campionato de España, evento auspiciado polo Consello Superior de Deportes e a celebrar, segundo informa este mesmo organismo, na cidade de Cáceres entre o 2 e o 6 de xaneiro de 2014.

Para chegar a este evento nas mellores condicións deportivas, a Preselección Cadete Masculina traballará arreo ata ese intre, comezando pola indicada cita deste domingo, coa lista de convocados que se achega e baixo o seguinte plan horario:

Pavillón Manuel Coto Ferreiro (A Estrada) – 24/11/13
11.00 h a 13.00 h: adestramento
17.00 h a 19.00 h: adestramento

Preselección Galega Cadete Masculina: 24/11/13 – A Estrada

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram