Preseleccións Galegas: O Minibasket suma nova convocatoria

As Preseleccións Galegas de Minibasket repiten visita a A Estrada co obxectivo de cumprir unha concentración máis do seu plan de traballo, o cal se presenta intenso e repleto dende o presente mes de xaneiro ata abril, data marcada para o Campionato de España.

A súa cita máis inmediata cos adestramentos será este mesmo domingo, 26 de xaneiro; no xa coñecido para eles Pavillón Manuel Coto Ferreiro, e dará comezo a partir das 10.00 h en categoría masculina, e a partir das 12.00 h en feminina.

Os datos dos 16 xogadores e 16 xogadoras convocadas nesta ocasión, así como a Programación de Traballo Actualizada que lles agarda a ambas as preseleccións ata o vindeiro mes de abril poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preseleccións Minibasket: Programación Traballo 2014
Preselección Galega Minibasket Feminina:26/01/14
Preselección Galega Minibasket Masculina: 26/01/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram