Preseleccións Galegas Minibasket: nova convocatoria en Compostela

Unha renovada cita cos adestramentos reunirá este domingo, 3 de febreiro, en Compostela, aos equipos técnicos das Preseleccións Galegas minis, así como aos xogadores e xogadoras que, desta volta, foron chamados a participar dela.

O Pavillón do colexio Compañía de María acollerá o traballo de ambas as preseleccións, compostas por 16 xogadores e 16 xogadoras, cuxos nomes poden consultarse nos listados que se achegan.

Os 32 convocados están a acometer o tramo final dunha preparación que culminará, en datas futuras, coa designación dos equipos definitivos que representarán a Galicia no Campionato de España da categoría.

Preseleccións Galega Minibasket Masculina: 03/02/13
Preseleccións Galega Minibasket Feminina: 03/02/13

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram