Fin de semana festivo e de traballo paras as Preseleccións Galegas Infatís e Cadetes. Con plans diferentes, os nosos catro equipos aproveitarán o parón na súa competición oficial FGB de 1º División, para encarar outro paso máis da súa programación desta temporada.
Galicia Infantil
A localidade castelá de Olmedo será testemuña da primeira proba competitivas das preseleccións galegas infantís. Os nosos dous combinados, masculino e feminino, viaxarán este vernes, 31 de outubro; ata esta vila, na que en dobre xornada desputarán o XX Torneo “Ciudad del Caballero”, organizado pola Federación de Castilla León.
Nesta cita medirán forzas e estado físico coas tamén seleccións autonómicas de Cantabria e a propia Castilla, así como con dous equipos diferenciados segundo a categoría; CBC Valladolid en masculina e Ponce CAD en feminina. O Calendario para ambas as nosas preseleccións deixaranos un total de tres partidos para cada unha delas, podendo seguir as estadísticas dos mesmos AQUÍ
DATA | HORA | XX TORNEO OLMEDO – INFANTIL MASCULINO | |
01/11/2019 | (10:00 h) | Cantabria – Castilla León | 50 – 49 |
01/11/2019 | (12:00 h) | Galicia – CBC Valladolid CAD | 74 – 89 |
01/11/2019 | (17:00 h) | CBC Valladolid CAD – Cantabria | 75 – 49 |
01/11/2019 | (19:00 h) | Castilla León – Galicia | 66 – 68 |
02/11/2019 | (10:00 h) | Cantabria – Galicia | 69 – 61 |
02/11/2019 | (12:00 h) | CBC Valladolid CAD – Castilla León | 78 – 60 |
DATA | HORA | TORNEO OLMEDO – INFANTIL FEMININO | |
01/11/2019 | 10:00 | Cantabria – Castilla León | 39 – 70 |
01/11/2019 | 12:00 | Galicia – Ponce CAD | 48 – 57 |
01/11/2019 | 17:00 | Ponce CAD – Cantabria | 70 – 41 |
01/11/2019 | 19:00 | Castilla León – Galicia | 50 – 56 |
02/11/2019 | 10:00 | Cantabria – Galicia | 46 – 53 |
02/11/2019 | 12:00 | Ponce CAD – Castilla León | 58 – 39 |
Galicia Cadete
En idade cadete, será Marín o destino das nosas preseleccións. Permanecerán durante a fin de semana na Residencia San Narciso onde, ademáis de adestrar en dobre data, pernoctarán. As convocatorias para estes dous grupos, así como para as preseleccións cadetes, poden consultarse nas listas oficiais que achegamos.
Preselección Galega Infantil Masculina: 01 e 02/11/19
Preselección Galega Cadete Feminina: 01 e 02/11/19
Preselección Galega Cadete Masculina: 01 e 02/11/19
Preselección Galega Infantil Feminina: 01 e 02/11/19