As Preseleccións Galegas Cadete e Infantil de categoría feminina viaxan este venres con dirección Asturias para afrontar unha fin de semana de Torneo amigable.
Con sede na localidade de Mieres, ambos os combinados de xogadoras galegas serán parte do “Torneo Villa de Mieres”, organizado pola Federación Asturiana e contando tamén coa presenza de máis Comunidades.
Así, ademáis das nosas preseleccións, reuniranse nesta cita previa ao Campionato de España: País Vasco (cadete e infantil) e Castilla e León (Infantil). E completando o calendario estará tamén convidado un equipo asturiano de categoría júnior.
O Torneo repartirá o xogo entre a xornada do sábado e a mañá do domingo coa seguinte programación:
Torneo “Villa de Mieres” Cadete Femenino (Polideportivo Univ. Mieres)
Xornada 1 – 08/12/2018
(10:30 h) Galicia – Asturias (junior) (91 – 31)
(12:30 h) Asturias – País Vasco (36 – 74)
(17:00 h) País Vasco – Asturias júnior
(19:00 h) Asturias – Galicia (59 – 86)
Xornada 2 – 09/12/2018
(09:45 h) Galicia – País Vasco (40 – 45)
(11:30 h) Asturias – Asturias júnior
Torneo “Villa de Mieres” Infantil Femenino (Polideportivo Univ. Mieres Sur)
Xornada 1 – 08/12/2018
(10:00 h) Asturias – País Vasco (51 – 66)
(12:00 h) Castilla León – Galicia (58 – 61)
(16:30 h) Asturias – Galicia (52 – 76)
(18:30 h) Castilla León – País Vasco
Xornada 2 – 09/12/2018
(9:45 h) Galicia – País Vasco (70 – 43)
(11:30 h) Asturias – Castilla León
Preselección Galega Infantil Feminina: Torneo Villa de Mieres 2018
Preselección Galega Cadete Feminina: Torneo Villa de Mieres 2018