Preseleccións Galegas: comeza a recta final da preparación

Regreso a A Estrada para as nosas Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes, inmersas xa de cheo na recta final da súa preparación para o Campionato de España (do 3 ao 7 de xaneiro 2020. Punta Umbría). Os nosos catro combinados autonómicos adestrarán desta volta unicamente en xornada de tarde, aproveitando a deste este domingo, 24 de novembro; para facelo. En primeira quenda, de 16.00 h a 18.00 h, tomarán a pista do Pavillón Manuel Coto Ferreiro o grupo infantil; deixando a franxa das 18.00 h a 20.00 h para os e as cadetes.

A concentración desta tarde dominical servirá como previa á competición que os cato equipos afrontarán na ponte de decembro. Nesta data os combinados femininos viaxarán a País Vasco, e os masculino a terras asturianas para, en ambos os casos, afrontar torneos amigables.
As listas de xogadores e xogadoras que se reunirán o domingo en A estrada poden consultarse nos documentos que achegamos.

Preselección Galega Infantil Feminina: 24/11/19
Preselección Galega Cadete Feminina: 24/11/19
Preselección Galega Infantil Masculina: 24/11/19
Preselección Galega Cadete Masculina: 24/11/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram