Preseleccións Galegas: as infantís afrontan o “VI Torneo Puerta de Asturias”

As preseleccións galegas infantís, as primeiras en debutar en torneo oficial. A vindeira fin de semana, 19 e 20 de novembro; os nosos dous combinados infantís darán un paso máis na súa preparación de cara ao Campionato de España afrontando os seus primeiros duelos ante outras selección autonómicas.

A cita terá lugar na localidade asturiana de Pola de Lena, baixo a organización da Federación Autonómica e baixo a denominación VI Torneo Puerta de Asturias. Na mesma contarase tamén coa presenza de Euskadi e Castilla León.

Galicia disputará tres encontros en categoría masculina e dous cara a cara ante Asturias en feminina. Estes cinco partidos iniciarán a recta final rumbo a un Campionato de España que agarda no mes de xaneiro do 2023.

Convocatoria 19 e 20/11/22

VI Torneo Puerta de Asturias

SÁBADO – 19/11/22 – Polideportivo Municipal Pola de Lena

Categoría Masculina

(17:45 h) Galicia – Castilla León (88 – 92)

Categoría Feminina

(17:30 h) Asturias – Galicia (*Colexio Palacio de Granda)

DOMINGO – 20/11/22 – Polideportivo Municipal Pola de Lena (43 – 78)

Categoría Masculina

(11:45 h) Asturias – Galicia (41 – 84)

(16:30 h) Euskadi – Galicia (51 – 102)

Categoría Feminina

(11:45 h) Asturias – Galicia (24 – 69)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram