Preseleccións Galegas: A Estrada, de novo, escenario de traballo

As preseleccións galegas infantís e minis manteñen o seu ritmo de adestramentos, visitando esta fin de semana, de novo e como xa ven sendo habitual, a localidade de A Estrada.

Os xogadores e xogadoras en idade infantil concentrarase na vila estradense completando dobre xornada de traballo, sábado 4 e domingo, 5 de novembro; Estando, pola súa banda, os combinados minibasket unicamente nos pavillóns durante a mañá e tarde do domingo.

As convocatorias de cada preselección, nas que se indican os clubs de referencia dos xogadores e xogadoras chamados a participar desta dinámica puntual, poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Galega Minibasket Masculina – 05/11/17
Preselección Galega Minibasket Feminina – 05/11/17
Preselección Galega Infantil Masculina – 04 e 05/11/17
Preselección Galega Infantil Feminina – 04 e 05/11/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram