Liga FGB Preminibasket: arrinca o formato de concentracións

En marcha a Liga Preminibasket FGB. Desde esta misma fin de semana, e ata a última deste mes de maio, un total de 16 equipos por categoría, masculina e feminia, darán vida á fase regular da competición distribuídos en catro grupos (Norte A, Norte B, Sur A e Sur B) doutros tantos equipos cada un.

O formato de concentracións rexerá a liga. Serán tres consecutivas, con dúas xornadas cada unha, en horario de mañá e de tarde, comezando este sábado 11 e levando o premini ao longo de toda Galicia.

A distribución xeográfica das diferentes concentracións, así como os enfrontamentos máis inmediatos desta fin de semana, detallando grupos, horarios e sedes; poden consultarse xa nos documentos que achegamos. E, por suposto, igualmente, no apartado de Ligas FGB, constantemente actualizado.

 

Liga FGB Premini Masculina 2018 – 2018 – 1º Xornada
Liga FGB Premini Feminina 2018 – 2018 – 1º Xornada
Liga FGB Premini 2018 – 2018: sedes e datas

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram