Posta de longo para o XII Día Autonómico do Minibásquet

(Foto: El Correo Gallego)
(Foto: El Correo Gallego)

O Grupo Correo Gallego organiza o XII Día Autonómico do Minibásquet, que se celebrará o sábado, 6 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar e que celebrou a súa presentación esta mesma mañá de martes coa presenza do Responsable de Relacións cos clubs FGB, José Manuel Castelao. 

Xunto ao representante FGB compareceron Víctor Tobío, Subdirector de El Correo Gallego; e Ángel Remesar, Presidente da Agrupación Deportiva El Correo Gallego.

O torneo terá a mesma dinámica que nos anos anteriores. Como en edicións pasadas, disporase de espazos para o esparcemento dos nenos que non estean xogando nas pistas centrais, que estarán supervisados por monitores.

O Día Autonómico do Minibásquet xa é unha cita obrigada no calendario dos equipos galegos. A colaboración dos participantes é esencial para que un ano máis este torneo poida celebrarse. O número de participantes será de 98 equipos, que disputarán 104 encontros, nas categorías Minibasket e Preminibasket desde as 09:30 h ata as 19:30 h. Todo, en nove pistas simultaneamente.

A organización conta coa colaboración do Concello de Santiago, coa infraestrutura e persoal da Federación Galega de Baloncesto, con 30 árbitros de toda a comunidade autónoma, e 60 colaboradores que velarán para que os 1.400 participantes, chegados de distintos puntos da xeografía galega, gocen dun día dedicado ao baloncesto. 

Cartel Minibasquet

Haberá equipos procedentes de municipios tan dispares como: Xinzo, Carballo, Viveiro, Ferrol, Lugo, Ourense ou O Barco de Valdeorras, entre outros. Todos eles desprazaranse en autobuses. Os restantes equipos pertencen a Santiago e comarca.

O evento contará tamén cos seus patrocinadores habituais: Concello de Santiago, Coca-Cola, Blu:sens, Federación Galega de Baloncesto, Multiusos Fontes do Sar e McDonald’s, entre outros. Nesta edición entra a formar parte dos patrocinadores a empresa Monbus, que se fará cargo do traslado dos equipos. Así como coa inestimable axuda do Grupo Scout Chan, 061, Cruz Vermella e Protección Civil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram