Posta de Longo para a XXXV Copa Galicia Masculina “ACB”

Este venres 20 de agosto realizouse a presentación oficial da final da XXXV Copa Galicia Senior Masculina ACB ás 11:00 horas no Concello de Ferrol. Ao acto asistiron o Alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato; o Concelleiro Delegado da Area de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas, Antonio Golpe; o Presidente da Federación Galega de Baloncesto; Francisco Martín Micó; a representante do CB Irmandiños, Ana Trasmonte; e o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez.

Todos eles deixaron de manifesto o carácter solidario deste partido que se celebrará o vindeiro 28 de agosto ás 20:00 h no pavillón da Malata, Ferrol, e que terá como protagonistas a Monbus Obradoiro e Río Breogán, os  representantes galegos na Liga ACB

A venda de entradas físicas será destinada a Alcer Coruña, reforzando así a súa labor de atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal e axudando á sensibilización da cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Pode accederse a súa compra na seguinte LIGAZÓN

No partido cumpriranse todas as medidas de protección fronte á COVId-19 e se promocionará a partires do día de hoxe unha fila 0 solidaria polo prezo de 7 euros coa cal que entrará nun sorteo dunha camiseta de Henry Ellenson do Obradoiro CAB ou dun pack de camiseta, bufanda, mascarillas da mascota do Río Breogán.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram