(Info:Comunicación FEB) O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente da FEB, José Luís Sáez, presentaron o primeiro partido da Ruta Ñ2014 de preparación para a Copa do Mundo, que disputará España fronte a Canadá o próximo 6 de agosto.
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o tenente de alcalde e concelleiro da Área de Seguridade e Movilidad, Julio Antonio Flores; o presidente da Federación Galega, Francisco Martín Micó e o presidente da FEB, José Luís Sáez, presentaron este mércores o España-Canadá que se xogará na cidade galega o vindeiro 6 de agosto. O partido será o primeiro na preparación para a Copa do Mundo 2014 e iniciará a Ruta Ñ2014 que rematará o próximo 25 de agosto en Madrid.
A Coruña vivirá por terceiro verán consecutivo un partido da selección española de baloncesto. No 2012, durante a preparación para os Xogos Olímpicos de Londres, España derrotou a Arxentina mentres que no 2013 Alemania foi o rival durante a xira de preparación para o EuroBasket de Eslovenia.
Canadá é un equipo moi novo que conta entre as súas filas con xogadores NBA como o base Cory Joseph, os pívots Kelly Olynyk ou Robert Sacre, ou a un habitual da Liga Endesa como o alero Carl English.