Posponse a reunión virtual da FGB con toda a familia do Baloncesto Galego

Ante o aprazamento de toma de decisións por parte das administracións (CSD-FEB-SXD…) con respecto ao regreso ás competicións, a Xunta Directiva desta Federación comunica que apraza a reunión telemática xa anunciada que iba a ter lugar en breves datas, e na que desexábamos que todos os integrantes do baloncesto galego (clubs, xogador@s, adestrador@s, árbitr@s…) puideran expresar as súas inquedanzas e estiveran informados de primeira man por esta Federación.

Mantendo por suposto esta intención por parte da FGB, a indicada reunión desprázase ata despois do día 15/09/20. A data concreta da súa nova celebración comunicarase tan pronto sexa posible.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram