Porta XI Ensino activa o “Clínic Fase de Ascenso Lugo 2015”

Porta XI Ensino, da man da Federación Galega e Federación Española de Baloncesto, comeza desde este xoves, 23 de abril, a súa Fase de Ascenso a Liga Feminina 2 e faino como anfitrión, organizador e tamén no papel de promotor dun Clínic Formativo que se enmarca nesta cita deportiva.

Baixo o título “Clínic Fase Ascenso Lugo 2015”, o domingo, 26 de abril, reuniranse un Lugo catro relatores de auténtico luxo e dispostos a compartir a súa amplísima experiencia no mundo do Baloncesto Feminino.

Os nomes dos protagonistas falan por si sos; Lucas Mondelo, Seleccionador Nacional Feminino; Miguel Ángel Ortega, actual semifinalista de LF 2015 ao fronte de Cadí La SEU e membro do Claustro Docente FGB; Ana Junyer, ex xogadora, adestradora e integrante do Gabinete Técnico FEB; e Isa Sánchez, que todos temos en mente pola súa recente carreira internacional.

Con este cartel de alto nivel poranse sobre a mesa diversas temáticas que rodean ao deporte da canastra e a súa vinculación coa figura da muller. Esta posta en común levarase a cabo entre as 10:30 h e as 13:30 h do indicado domingo 26 no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.

Inscrición
Porta XI Ensino habilita a opción de participar neste “Clínic Fase Ascenso Lugo 2015” a través dun proceso de inscrición previa. Todos os interesados deben solicitar a súa presencia a través do enderezo: ensinolugo@gmail.com.

A cota económica de participación nesta actividade é de 10 euros, a excepción dos afeccionados que dispoñan do Bono de partidos para a Fase Final, os cales poderán acceder de balde.

HORAS DE FORMACIÓN: os adestradores galegos alumnos dos Cursos de formación FGB que participen no “Clínic Fase Ascenso Lugo 2015 – Foro Universo Muller” poderán validar a súa asistencia por 6 horas de formación complementaria a nivel práctico.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram