A cidade do Lérez servirá de perfecto escenario para a Fase Final da Copa Galicia en categoría Autonómica Feminina.
Baixo a organización do C.B. Arxil, e con data establecida para o domingo, 17 de novembro; esta competición reunirá aos catro mellores equipos resultadntes da fase previa: os líderes dos tres grupos de xogo (centro, norte e sur), C.B. Arxil, Universitario de Ferrol e Compañía de María; así como ao mellor segundo, C.B. Cluny.
Os catro equipos disputarán no Estadio da Xuventude unha fase final baixo o formato de semifinais e final segundo un calendario que se especifica no documento que se achega.