A Federación Española de Baloncesto ven de comunicar, a falla de que a súa Comisión Delegada decida entre as varias opcións para a organización do Júnior Masculino y el Cadete Feminino, as sedes dos Campionatos de España de clubs 2013 – 2014, entre as que se atopan, en categoría infantil masculina e feminina, Cambados e Pontevedra, respectivamente.
A Federación Española de Baloncesto volve a confiar na capacidade organizativa da FGB e dos seus clubs, agardando repetir o éxito acadado na temporada pasada coa celebración en Ferrol, Marín e Vilagarcía dos Campionatos Cadete e Júnior Masculino.
Desde a ampliación de 12 a 32 equipos os Campionatos de España convertéronse en algo máis que nun evento deportivo. 32 equipos, case 400 xogadores e un movemento de máis de 3.000 persoas son cifras suficientes para que unha cidade invista en baloncesto.
A repercusión social e económica dun torneo desta magnitude anima ás Federacións Autonómicas e a localidades importantes a solicitar á FEB a organización dos Campionatos, e así o fixo a propia Federación Galega nesta 2013 – 2014, petición esta que hoxe se ve satisfeita co anuncio da futura presenza na nosa Comunidade de ambos os Campionatos Infantís de Clubs.
As sedes e datas concretas para cada unha destas citas, así como para as do resto de categorías, son as seguintes:
Campionato de España Infantil Masculino: do 15 ao 21 de xuño
Cambados (FGB)
Campionato de España Infantil Feminino: do 15 ao 21 de xuño
Pontevedra (FGB)
Campionato de España Junior Masculino: do 11 ao 17 de maio
Sede por confirmar
Campionato de España Junior Femenino: do 11 ao 17 de maio
Guadalajara (FBCM)
Campionato de España Cadete Masculino: do 25 ao 31 de maio
Federación Aragonesa de Baloncesto
Campionato de España Cadete Femenino: do 25 ao 31 de maio
Sede por confirmar