Desputaranse nas instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva ás 17:00 e ás 19:00 h.
(info:Deputación de Pontevedra) Pontevedra acollerá na tarde de mañá as finais masculina e feminina da súa Copa Deputación de Baloncesto Infantil. Disputaranse, tal e como anunciou hoxe a deputada Begoña Estévez, nas instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva.
O campión masculino será o gañador do partido que ás 17:00 h enfrontará o Marín Peixe Galego co Club Baloncesto Tui, que foron os finalistas dos torneos disputados nas Delegacións FGB zonais de Arousa-Pontevedra e de Vigo, respectivamente.
Pola súa banda, do partido entre Porriño Baloncesto Base e o Club Baloncesto Arxil sairá o equipo campión da categoría feminina. O encontro terá lugar ás 19:00 h e tamén enfrontará as campioas dos torneos das Delegacións de Vigo coas de Arousa-Pontevedra.
Promoción do deporte base
Na rolda de prensa de presentación desta final da Copa Deputación tanto a deputada Begoña Estévez como os Delegados da Federación Galega de Baloncesto en Arousa e Vigo, José Luis Renda e José Luis Pérez, respectivamente; e os representantes dos clubs implicados, destacaron a aposta que a Deputación de Pontevedra está a facer pola promoción do deporte base.