Plaza 2014 en A Estrada: un éxito co 3×3 como protagonista

O Programa da Fundación FEB 2014 “Plaza 2014” e a Fase Final do B3 Escolar – la Caixa converteron este domingo a A Estrada no perfecto escenario para remarcar os valores deportivos e sociais do Baloncesto, neste caso materializado polos xogadores e xogadoras máis novos, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.

Máis de 400 nenos reuníronse no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e os seus accesos, disputando a competición Plaza 2014 – 3×3, a cal resultou todo un éxito de participación e de organización.

Coa indispensable colaboración do Concello de A Estrada e E.D.M. Estradense, o persoal FEB, e os diferentes patrocinadores, o formato 3×3 volveu a ser a referencia e amosou toda a súa forza, a mesma coa que está a viaxar por toda España grazas a este programa da Fundación FEB 2014.

Para descubrir polo miúdo como transcorreu esta festa do Baloncesto en A Estrada pode consultarse a Galería de Imaxes, na que non faltan as caras de ledicia dos máis novos e os mellores intres dos partidos que se puxeron en xogo.

0027652001370277721-plaza-2014-a-estrada-b3-escolar-la-caixa

B3 Escolar – la Caixa
Plaza 2014 compartiu escenario, en perfecta harmonía, coa Fase Final do Programa B3 Escolar – la Caixa, actividade que coñeceu aos seus líderes, vencedores das diferentes eliminatorias que se levaron a cabo durante toda a xornada. Así, os equipos “Leones Campeones” en premini masculino, “Sin Nombre” en mini feminino e “Santa María As Pontes” en mini masculino, proclamáronse campións da I edición deste proxecto patrocinado por la Caixa.

0805205001370277720-plaza-2014-a-estrada-b3-escolar-la-caixa

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram