GALICIA MINI MASCULINA
Canal FEB – Emisións en Directo
Grupo Especial Masculino A
Galicia, Andalucía, Illas Baleares, Madrid e Comunidad Valenciana.
Xornada 1 – 25/06/21
(09.00 h) Galicia – Madrid (53 – 73)
Galicia iniciou a súa andaina neste Planeta Mini ofrecendo unha imaxe e espectativas moi positivas no seu xogo. A pesares da derrota final reflectida no electrónico, os xogadores de Miguel Ángel Ortega non lle perderon a cara ao encontro en case ningún intre, sufrindo o seu maior baixón nos minutos previos ao descanso, pero mantendo a vantaxe rival nos nove puntos durante gran parte da segunda metade do encontro.
Ao regreso dos vestiarios, Galicia desmostrou que tanto ofensiva como defensivamente ten as cousas claras para poder continuar gañando confianza neste Campionato.
Xornada 2 – 25/06/21
(18.00 h) Comunidade Valenciana – Galicia (88 – 38)
Galicia asinou con derrota o seu segundo partido do día, marcado este dende os seus primeiros compases polo ritmo anotador valenciano, o cal supuxo unha gran diferenza insalvable para os de Miguel Ángel Ortega.
Xornada 4 – 26/06/21
(20.15 h) Galicia – Illas Baleares (70 – 20)
Xornada 5 – 27/06/21
(13.30 h) Andalucía – Galicia (77 – 80)
Emocionante e impecable partido o ofrecido polos galegos para superar a unha Andalucía que dominou o grupo A e que pasa a semifiniais do Campionato só derrotado polos xogadores de Miguel Ángel Ortega. Galicia conseguiu igualar o ritmo de xogo madrileño e con isto, marcar tamén o tempo do partido, mantendo sempre ben presente a posibilidade de vitoria. A mesma que deberá buscar este luns ante Canarias no cruce definitivo que determinará a clasificación entre o 7 e o 10 posto.
GALICIA MINI FEMININA
Canal FEB – Emisións en Directo
Grupo Especial Feminino B
Aragón, Illas Baleares, Cataluña, Galicia e Madrid.
Xornada 2 – 25/06/21
(20.15 h) Galicia – Aragón (53 – 82)
Derrota na estrea das xogadoras de Rosa Díez nun partido que, pola contra, supuxo unha mostra perfecta da capacidade competitiva do combinado galego. A vantaxe final rexstrada no marcador non reflicte o bo xogo despregado en pista por unha Galicia disposta a pelexar todas as súas opcións.
Xornada 3 – 26/06/21
(13.30 h) Illas Baleares – Galicia (17 – 68)
Vitoria e partido redondo o das galegas, que dan un paso máis crucial para a consolidación do seu xogo de equipo e a súa confianza. Anímica e numericamente un encontro para extraer conclusións positivas de cara á dobre xornada do domingo ante dosu poderosos rivais: Cataluña e Madrid.
Xornada 4 – 27/06/21
(11.15 h) Galicia – Cataluña (35 – 85)
Partido sen opcións para as galegas, a pesares de estar a altura do impoñente ritmo e xogo catalás durante boa parte da primeira metade do encontro. As galegas remataron con derrota no electrónico pero coas ganas de seguir competindo reforzadas.
Xornada 5 – 27/06/21
(20.15 h) Madrid – Galicia (62- 66)
Vitoria traballada nun encontro igualadoque permite ás nosas Minis clasificarse como terceiro mellor equipo de seu grupo. O xogo galego ante Madrid, a pesar dos intres de cansazo que acumula a selección a estas alturas de campionato, ofreceron sempre cara ao rival dominando lixeiramente no marcador, dentro do equilibrado do encontro.
As opción galegas pasar agora por loitar polo 5 posto ante Comunidade Valenciana. A cita, o luns 28 ás 13.30 h .