Galería de Imaxes – Galicia no #PlanetaMini2019
Galicia Minibasket Feminina 2019
Galicia Minibasket Masculina 2019
Web oficial FEB – #PlanetaMini2019
Resultados #PlanetaMini2019 Masculino
Resultados #PlanetaMini2019 Feminino
Galicia Minibasket Masculina – Grupo Preferente
16/04/2019
Semifinal (en xogo unha praza de ascenso a Grupo Especial)
(15.30 h) Galicia – País Vasco (68 – 55)
Galicia ascende a Grupo Especial e estará este mércores (11.00 h) na final de Grupo Preferente ante Murcia.
Galicia e Euskadi ofreceron un inicio departido moi igualado, con máis nervis quizáis no equipo de Valentín Pérez, que permitía máis canastras fáciles das necesarias por parte rival preto do aro. Co paso dos minutos, a situación foise estabilizando para os galegos que, xa asentados en pista e atopando grandes vantaxes desde a defensa, abriron fenda no marcador e continuaron a ampliala, ata o remate do encontro, con accións rápidas tras roubo de balón. Finalmente, vitoria e ascenso a Grupo Especial conseguido.
Galicia Minibasket Feminina – Grupo Especial
16/04/2019
3º Grupo A – 3º Grupo B (5º – 6º posto)
(13.30 h) Canarias – Galicia (64 – 60)
Galicia – 6º Clasificada Grupo Especial
Partido de moitos nervios o da loita polo 5º posto Especial. O cansazo acumulado nas xornadas previas fixo efecto nas xogadoras galegas que, malia xogar un gran baloncesto e ser duras mental e fisicamente, non conseguiron poñerse por encima do marcador ata despois do descanso.
Na entrada do quinto sexto, un bo parcial das canarias provocou que a súa vantaxe crecese, situándose nos 11 puntos. Aínda así, a intensidade defensiva das galegas buscou recortar esta situación, intentándoo ata o final pero sen cristalizar en vitoria.