Planeta Mini 2023: Seleccións Definitivas para Galicia

As Seleccións Galegas Minibasket xa teñen a súa lista definitiva para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas, cita que terá lugar en Salou e Tarragona entre os días un e cinco de abril.

Galicia competirá en Salou e Tarragona con 12 xogadores e 12 xogadoras definidas para esta ocasión, pero estas Seleccións levan tamén consigo o espírito e as gañas de todos os xogadores e xogadora que formaron parte do camiño de preparación. Dende aquí, enviarlles o agradecemento da Federación Galega de Baloncesto. Así como tamén aos seus clubs e familias por facelo posible.

Nos documentos que achegamos remitimos as listas definitivas para ambas as seleccións, que capitanearán dende o banquillo, en categoría masculina, Rubén Vigo; e en categoría feminina, Adrián López.

Últimas citas
Antes da chegada do Nacional, Galicia afrontará dúas novas concentración de traballo. A primeira delas esta mesma fin de semana, con sede en Marín e marcada para o domingo 19. Durante a mesma ambas as seleccións afrontarán partidos amigables ante o Club Estudiantes de Pontevedra. Esta será a súa programación:
(Pavillón Colexio San Narciso – 16:30 h) Galicia Feminina – CB Estudiantes de Pontevedra Preinfantil Feminino
(Pavillón Colexio San Narciso – 18:30 h) Galicia Masculina – CB Estudiantes de Pontevedra Infantil Masculino.

A derradeira concentración será xa na fin de semana do 25 e 26 de marzo en A Estrada, xusto nos días previos a poñer rumbo a terras tarraconenses.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram