Segunda Xornada da Fase Previa no Planeta Mini 2022.
CANLE FEB: Encontros en directo
Minibasket Feminino – Grupo Especial B
Aragón, Madrid, Cataluña, Illas Baleares e Galicia.
Resultados e Clasificación
(13:30 h) Baleares – Galicia (49-54)
Partido moi igualado e moi intenso en defensa por ambos os equipos. Galicia foi capaz de sacar a garra e amosou ser un equipo que non se ven abaixo, tanto as 5 xogadoras en pista en cada momento, como as 7 do banquiño.
A vitoria chegou da man do ataque, moi fluido e capaz de xerar espacios. A acertada xestión desta vantaxe foi clave no trunfo.
Minibasket Masculino – Grupo Especial A
Andalucía, Illas Baleares. Madrid, Comunidad Valenciana e Galicia.
Resultados e Clasificación
(19:30 h) Galicia – Baleares
Tras un comezo pouco lúcido, Galicia, aos poucos; foi atopando o seu xogo grazas á defensa e ao xogo colectivo.
Na segunda parte a intensidade dos nosos xa era moi alta, conseguiron pechar marcador a principios do ultimo sexto.