Planeta Mini 2022 – 09/01/22: Galicia Mini Masculina, protagonista

Explosión de ledicia na expedición Galega na xornada de debut. Dúas importantes vitorias da Selección Masculina ante Madrid e Valencia abren un camiño moi positivo no futuro deste Planeta Mini 2022. No apartado feminino, as galegas non gozaron de tanta sorte na súa estrea, sumando unha derrota pero tamén moitas gañas de repoñerse da mesma nos partidos que están por vir.

Calendario Planeta Mini 2022

CANLE FEB: Encontros en directo

Minibasket Feminino – Grupo Especial B
Aragón, Madrid, Cataluña, Illas Baleares e Galicia.
Resultados e Clasificación

(19:30 h) Galicia – Aragón (31 – 82)

Primeira e negativa toma de contacto co Campionato para o equipo de Rosa Crespo. Aragón resultou un rival duro e moi intenso para as Galegas. As nosas amosáronse imprecisas e marcadas polos nervios da estrea. O ritmo rival, imposto desde o primeiros compases foi imposible de seguir par unha Galicia que espera repoñerse na xornada do domingo ante Baleares (10/04/22 – 13.30 h)

Minibasket Masculino – Grupo Especial A
Andalucía, Illas Baleares. Madrid, Comunidad Valenciana e Galicia.
Resultados e Clasificación

(09:30 h) Galicia – Madrid (85 – 34)

Inmellorable inicio de Campionato para Galicia Mini Masculina. O equipo de Rubén Vigo fixo seu un partido ante Madrid que prometía ser unha dura estera para este Planeta Mini. Un gran traballo en defensa dos galegos, xa dende o primero cuarto, provocaba a intranquilidade e indecisión no ataque madrileño.

A engranaxe do xogo galego configurábase a gran ritmo, amasando ademáis un acerto en ataque que impulsou aos nosos minis a afinar unha clara vitoria. Este triunfo suma folgosá xa de por si ilusionada expedición Galega neste Planeta Mini 2022.

(17: 30 h) Valencia – Galicia (71 – 94)

Segunda vitoria Galena nunha xornada de inicio de Campionato que quedará xa na mente de moitos. Este segundo resultado positivo para os galegos fraguouse ante unha Valencia que comezou o encontro amosando o seu bo facer no tiro exterior.

Galicia apostou pola defensa para facerse co primeiro cuarto e encamiñar un encontro que acabo de afinar ao seu favor aumentando o seu acerto en ataque. A segunda parte do encontro deixou a Galicia coa marxe precisa no marcador para rematar con tranquilidade o seu xogo.

Gran esforzo colectivo o do grupo que dirixe Rubén Vigo, xestionando acertadamente o cansado e o esforzo da exornada de estrea.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram