Planeta Mini 2018 – 25/03/18: resultados galegos

(Foto: FEB/ AgenciaLOF)

(Foto: FEB/ AgenciaLOF)

Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket 2018 neste domingo, 25 de marzo; segundo día de competición no Campionato de España de Seleccións e no que as nosas xogadoras descansan e o protagonismo recae no combinado masculino que dirixe Javier Cotelo.

 

WEB OFICIAL #PlanetaMini2018

Resultados e Clasificación Xeral – Masculina

Resultados e Clasificación Xeral – Feminina

Galerías web – FEB

Galicia #PlanetaMini2018 – Resultados 25/03/18

Minibasket Masculina- Fase Previa Grupo Especial B

25/03/18 – Xornada 4

(19.30 h) Galicia – Murcia (Colexio Compañía de María) (103 – 74)

Gran partido galego de principio a fin. A excelente presión a toda a pista permitiulle ao equipo de Javier Cotelo estar activo en dous puntos clave: roubar balóns e correr. En ataque, Galicia luciu unha moi boa circulación de balón, a cal sumou ao seu alto acerto no tiro exterior.

Os minis galegos destacaron tamén ante Murcial polo seu dominio no rebote, o que propiciou moitas segundas oportunidades que acabaron en canastra.
En definitiva, Galicia reencontrouse consigo mesma e amosou unha actitude ben diferente a da xornada de debut.

PlanetaMini2018 – Calendario
Selección Galega Minibasket Feminina 2018
Selección Galega Minibasket Masculina 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram