Pizza Móvil e FGB unen forzas de novo

Pizza Móvil renova o seu apoio ao Baloncesto Galego. Por segunda temporada consecutiva, a empresa galega pasa a ser a principal valedora las ligas infantís FGB en todas as súas categorías, así como parte importante do apoio externo das actividades da Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto.

O Presidente FGB, Francisco Marín; recibiu en Vigo esta tarde de martes ao director de Marketing de Pizza Móvil, Jorge Pallarés; para culminar detalles e rubricar o acordo polo que neste 2017 ambas as entidades continuarán avanzando de xeito conxunto.

IMG 9933

Ao apartado deportivo deste convenio súmase tamén as vantaxes que todos os federados continuarán a ter no consumo en Pizza Móvil, beneficiándose, a través dun carné específico, de interesantes ofertas e descontos.

Tanto o máximo responsable FGB como o representante de Pizza Móvil ven nesta renovación da súa unión unha oportunidade de seguir dando impulso ao baloncesto base, enfatizando a visibilidade do mesmo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram