Pizza Móvil e FGB presentan o seu “carnet oficial”

Federación Galega de Baloncesto e Pizza Móvil impulsan unha positiva campaña de descontos para todos os federados galegos, así como para os integrantes do Comité Galego de Árbitros.

A empresa alimentaria galega, patrocinadora principal de todas as Ligas FGB de categoría infantil, aposta forte polo Basket Galego e, en calidade de aliada federativa, ofrece a partir de hoxe un “carnet” especial que recibirán todos os clubs e federados autonómicos e co que poderán gozar dun ampla rebaixa económica na propia Pizza Móvil. 

Grazas a esta iniciativa os posuidores do “carnet oficial” beneficiaranse dun desconto do 50% en todas as consumicións e pedidos que realicen nos locais de Pizza Móvil presentando, como requisito imprescindible, esta identificación.

Toda a gran familia do Baloncesto Galego recibirá o seu propio “carnet” e faráo a través das Delegeaciónz Zonais FGB, encargadas do reparto directo dos mesmos entre os seus clubs e colexiados.

A información completa desta promoción, á que hoxe damos á benvida e que xa se pode desfrutar, pode consultarse poñéndose en contacto con cada Delegación Zonal FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram