Pizza Móvil chega con forza ao Baloncesto Galego

Pizza Móvil convértese no novo aliado da Federación Galega de Baloncesto. A empresa galega comprométese co noso Basket de Base, pasando a ser a patrocinadora única de todas as ligas de categoría infantil.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e o Director de Marketing de Pizza Móvil; Jorge Pallares, reuníronse este martes para asinar o acordo que vinculará a ambas as entidades durante esta mesma temporada e a próxima 2015 – 2016, coas ligas infantís como primeiro obxectivo.

Pizza Móvil pasa a dar nome a todas as ligas galegas  desta categoría, promovendo ademais futuros eventos que afecten positivamente ao noso Baloncesto de Base, sempre en colaboración coa Área Deportiva FGB.

As vantaxes deste acordo inclúen tamén unha acción de promoción positiva con descontos para o consumo en Pizza Móvil da que poderán beneficiarse directamente todos os nosos federados, árbitros e familiares de todos eles. En breves datas, e facéndoo accesible a todos, trasladarase publicamente esta importante campaña de ofertas, da que xa se pode empezar a tomar nota a través do banner activo na nosa web.

Todos os detalles da sinatura deste acordo, así como dos obxectivos do mesmo, pode consultarse a través das propias verbas de Francisco Martín e Jorge Pallarés na nosa canle de Youtube: FGBRetransmisións.

Francisco Martín en FGBRetransmisións

Jorge Pallarés en FGBRetransmisións

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram