Pésar polo pasamento de Paco Martínez, figura indispensable no Baloncesto Vigués

Coñecedores esta mesma mañá da triste nova do pasamento de Paco Martínez, dende a Federación Galega de Baloncesto queremos enviar un moi forte abrazo e o noso máis sentido pésame á súa familia e achegados.

O Baloncesto Vigués e Galego están de loito. A nivel deportivo e persoal a figura de Paco Martínez deixará unha pegada imborrable en todas as persoas que tiveron a sorte de compartir e aprender con el durante anos, tanto no día a día nunha cancha como en momentos de absoluta ledicia para o noso deporte como esa consecución, como adestrador do Celta, da Copa da Raíña no ano 1981.

O seu legado permanerá sempre na memoria e na historia do Baloncesto vigués. E testemuña deste cariño e recordo están a ser xa as reaccións recollidas en medios de comunicación e redes sociais por parte de moitos e moitas dos que con el compartiron ese baloncesto e intres da súa vida.

Descanse en Paz.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram