Pérez Pérez pitará o seu encontro 500 como árbitro da Liga Endesa

Foto: Luis García

Foto: Luis García

(info: acb.com) O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; dirixirá esta próxima fin de semana o seu encontro 500 como árbitro da Liga Endesa, unha cifra que nos serve como escusa para manter unha interesante conversación.

Miguel Ángel Pérez Pérez cumprirá este domingo 500 encontros como árbitro da Liga Endesa. O gaditano, que se mudou fai case unha década a terras galegas, observa a cifra con serenidade: “Non son unha persoa que celebre este tipo de aniversarios. Aínda que é unha cifra que comeza a asustar, realmente aprecio o día a día da competición”.

Pérez Pérez, que arbitrará o Iberostar Tenerife-A Bruixa d’Or Manresa, si recorda algún dos seus fitos como xuíz, como o seu primeiro encontro ACB. un Breogán-Estudantes do ano 99, pero non se queda con ningún en particular: “Tiven a sorte de arbitrar partidos importantes”.

Para o andaluz, a arbitraxe é moito máis que colgarse un chifre: “É a miña profesión, a miña vocación… Un dos alicerces da miña vida xunto á miña familia. Apórtame equilibrio, concentración. Valoro moito poder gozar do meu traballo como un hobby”. Pérez Pérez confesa que “se pasan bos e malos momentos” como árbitro. “Dos malos, apréndese; dos bos, gózase”, engade.

Xunto a el, Jacobo Rial e Carlos Cortés son os tres colexiados galegos da Liga Endesa, unha cifra que invita a unha reflexión: “Por tradición de baloncesto, Galicia merecíao. Pasamos de non ter ningún a ser tres, no meu caso por cambio de domicilio”.

Como se inicio na arbitraxe? “Empecei bastante tarde. Xogaba con 25 anos na terceira competición nacional e estudaba á vez, pero non puiden compaxinalo. Ao pasar como árbitro, os xogadores respectábanme bastante porque coñecía o xogo. Iso facilitoume a labor”.

E do pasado ao futuro. Miguel Ángel Pérez Pérez quere seguir gozando da arbitraxe, pero sobre todo centrarse “en facer sempre o meu traballo o mellor posible, porque o resto son decisións que non dependen dun mesmo”. Por exemplo pitar nuns Xogos Olímpicos: “Como digo, non depende de min, pero si hai esa ilusión”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram