Pereiro de Aguiar aposta polas actividades de tecnificación FGB

Novo acordo para o impulso do Baloncesto Base na Delegación FGB en Ourense. A Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández; e a responsable da propia Delegación, María Varela; compartiron este xoves unha reunión co Alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar, Luis Menor.

Nesta xuntanza acordaron liñas de colaboración mediante as cales as actividades de tecnificación da FGB poderán ter como sede as instalación deportivas municipais do Concello.

Nesta liña, a primeira das accións enmarcadas no acordo terá lugar este mesmo domingo, 27 de febreiro; coa celebración no Pavillón Municipal dun PDC zonal no que serán protagonistas os xogadores e xogadoras da xeración 2011. Esta cita dominical será a primeira de moitas nas que desfrutar da acollida da vila ourensá e da súa intención de apostar polo Deporte Base.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram