Peche de temporada para a “Master Senior League”

A cuarta tempada da “Master Senior League-Clínica Jacinto López” toca este sábado,un de xullo; ao seu fin cunha xornada de clausura que, por terceiro ano consecutivo, terá a Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa, sede permanente desta competición; como excepcional marco.

Os doce equipos participantes nesta edición da pioneira liga de baloncesto 3×3 para maiores de 30 anos amparada pola Federación Galega de Baloncesto terán a oportunidade de desenvolver as súas habilidades nun lugar emblemático de Vilagarcía e ante a presenza dos moitos afeccionados que cada ano alí concéntranse para gozar dunha modalidade deportiva que será olímpica en Tokyo 2020.

Os partidos darán comezo ao redor das 10:00 horas e iranse definindo progresivamente as eliminatorias para a clasificación final para culminar co emparellamento que decidirá o campión desta edición. Unha mañá de baloncesto que servirá de festa para unha competición na que participan ao redor de 75 xogadores e que aumenta cada ano a súa participación.

Cabe recordar que os encontros dispútanse a 20 minutos, sen deter o crono e que se daría antes por concluído si algún equipo alcanzase unha anotación de 21 puntos.

Non faltarán os agasallos e as sorpresas para os xogadores nunha clausura que contará tamén cun concurso de triplos no momento previo á final. Ademais, todos aqueles interesados en gardar o seu reserva de participación para a próxima tempada, xa sexa a nivel individual ou como equipo, xa o poderán facer nun punto de recolleita de inscricións que se situará na propia Praza de Galicia durante toda a mañá do sábado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram