Pechase a inscrición do “4º Día do Pequebasket” con 60 equipos

A unha semana do prazo dado inicialmente pola organización do “4º DIA do PEQUEBASKET”, péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado o número de equipos anotados. O número de equipos participantes quedará nesta nova edición en 60 inscritos que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de maio.

(Info: Carballo Basket) A organización do “4º Día do Pequebasket” decidiu o pasado venres, 29 de abril; nunha reunión de acordo coa Federación Galega de Baloncesto, pechar o prazo de inscrición (inicialmente remataba o 06.05.16) desta cuarta edición dado o alto número de equipos interesados, evitando deixar así a ningunha das solicitudes fóra da actividade. Os 60 equipos que finalmente participarán no “4º Día do Pequebasket” elevan o número de participantes a máis de 700. 

Dos 49 equipos que inicialmente tiña como límite e dadas as numerosas solicitudes desta última semana, decidiuse elevar ata ao numero actual e así pechar esta edición, que unha vez máis supera as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto.

Isto vén a confirmar que a idea de organizar o Día do Pequebasket como evento lúdico-deportivo e como clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto de Carballo Basket, está a chegar aos clubs de Galicia que non queren perder este día de xogos, diversión e deporte.

O seguinte paso oficial a dar será a presentación pública desta nova edición, a celebrar o vindeiro xoves, cinco de maio (19:00 h) no Concello de Carballo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram