O Programa de Tecnificación FGB 2017 – 2018 leva á escea esta fin de semana unha nova convocatoria de carácter autonómico para os xogadores e xogadoras de toda Galicia nados nos anos 2007 e 2008.
Distribuíndo a carga de adestramentos en dúas datas, sábado, 10 de febreiro; para os grupos de 2008, e domingo 11 para 2007; a Área Deportiva FGB cita a un total de 69 xogadores que se desprazarán ata a Estrada (2008) e Portosín (2007) con dobre quenda de adestramentos planificada.
A dirección técnica de cada grupo dos chamados a ser protagonistas correrá a cargo de oito adestradores da nosa Comunidade que levarán as rendas dos PDC destas categorías de xeito constante durante toda a presente temporada. Eles son:
2007 Masculino: Iván Villaverde (Xiria Basket) e Rubén Vigo (Porriño Baloncesto Base).
2007 Feminino: David Martínez (Ensino Lugo) e Sabela Taboada (Celta Baloncesto).
2008 Masculino: Xosé Durán (C.B. Culleredo) e Julián Bravo (Marín Peixegalego).
2008 Feminino: Nacaray Rojas (Bosco Salesianos) e Pablo Vaamonde (Xuventude Verín).
A convocatoria oficial para cada categoría das que rexerán pode consultarse nos documentos que achegamos.
PDC 2007 Feminino (Portosín) – 10/02/18
PDC 2007 Masculino (Portosín) – 10/02/18
PDC 2008 Feminino (2008) – 11/02/18
PDC 2008 Masculino (2008) – 11/02/18