Parabéns para as Subcampioas U17 do Mundo

A Federación Galega de Baloncesto envía publicamente os seus parabéns, e o recoñecemento ao seu impecable traballo, para a Selección Española Feminina Sub17, na que milita a galega María Araujo; que conqueriu un maís que meritorio Subcampionato do Mundo este domingo, 6 de xullo; ante o equipo nacional estadounidense en República Checa.

Con Estados Unidos como impoñente rival na final de todo un mundial (77 – 75), e cunha galega nas súas filas; a xogadora do R.C Celta, María Pérez Araujo; a Selección Nacional volveu a demostrar o peso e o carácter do baloncesto feminino español a nivel internacional e, sobre todo, o traballo e esforzo de todas e cada unha das xogadoras durante toda a temporada, tanto nos seus clubs como na disciplina das Seleccións FEB.

Dende aquí, e de xeito especialmente ledo, trasladar a nosa felicitación por este brillante subcampionato do mundo a todo o equipo español, á Federación Española de Baloncesto por un logro máis deste calibre e, moi en especial, á María Pérez; representante do Baloncesto Galego.

maria-araujo

María Araujo, recibindo unha medalla de prata para o recordo (Foto: FIBA)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram