A Federación Galega de Baloncesto envía publicamente os seus parabéns, e o recoñecemento ao seu impecable traballo, para a Selección Española Feminina Sub16, con unha ampla representación galega; que conqueriu unha maís que meritoria Medalla de Bronce este domingo, 10 de agosto; ante o equipo nacional de Francia en Hungría.
Con Francia como duro rival na loita polo Bronce de todo un Europeo (61 – 49), e representación galega tanto na cancha como no banquiño; a Selección Nacional volveu a demostrar que o baloncesto feminino español, grazas ao traballo e esforzo de todas e cada unha das xogadoras durante toda a temporada, tanto nos seus clubs como na disciplina das Seleccións FEB da os seus froitos.
Dende aquí, e de xeito especialmente ledo, trasladar a nosa felicitación por esta brillante terceira praza a todo o equipo español, á Federación Española de Baloncesto por un logro máis deste calibre e, moi en especial, ás nosas representantes do Baloncesto Galego.