A Federación Galega de Baloncesto envía publicamente os seus parabéns, e o recoñecemento ao seu impecable traballo, para a Selección Española Feminina U16, que nesta ocasión conta con representación galega; que conqueriu unha máis que meritoria Medalla de Prata este sábado, 19 de agosto; ante o equipo nacional de Francia en Turquía.
Con Francia como duro rival na loita polo Prata de todo un Europeo (63 – 67); a Selección Nacional volveu a demostrar que o baloncesto feminino español, grazas ao traballo e esforzo de todas e cada unha das xogadoras durante toda a temporada, tanto nos seus clubs como na disciplina das Seleccións FEB da os seus froitos.
Dende aquí, e de xeito especialmente ledo, trasladar a nosa felicitación por este brillante subcampionato a todo o equipo español, á Federación Española de Baloncesto por un logro máis deste calibre e, moi en especial, a Paula Salinas, xogadora do club Porriño Baloncesto Base e a nosa representante do Baloncesto Galego nesta Selección.