Ourense retoma a competición “3×3”

A Delegación FGB en Ourense celebra este sábado, nove de marzo; a segunda convocatoria do seu proxecto 3×3 para a categoría preminibasket. Retomando esta iniciativa, cuxa primeria convocatoria tivo lugar o pasado decembro, renova agora esforzos e activa unha xornada máis de competición.

Un total de nove equipos da Delegación concentraranse durante toda a mañá do sábado na localidade de Maceda para dar vida a esta segunda quenda do “3×3 Preminibasket”. Competindo en varias pistas ao unísono, os xogadores e xogadoras de EDO Mixto, EDO Couto, EDO Miraflores, CD Maceda, EDO Prácticas, EDO Mestre Vide e Padre Feijoo serán de novo partícipes da diversión e aprendizaxe que o formato “3×3 ” permite.

No documento que se achega detallamos o calendario para este segundo envite co “3×3” como absoluto protagonista.

3×3 Preminibasket” – Segunda Concentración. Delegación Ourense.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram