Ourense emprende a marcha do Programa de Tecnificación 2012 – 2013

O Programa de Tecnificación FGB volve a actualidade. O traballo coas categorías base a través do circuíto técnico itinerante da FGB celebra esta fin de semana a súa primeira convocatoria nesta 2012 – 2013, e faino a través da Delegación en Ourense.

Os responsables deportivos da Federación nesta provincia, supervisados polo responsable desta área, Carlos Colinas; activan para este domingo, 28 de outubro; a primeira xornada destas características, configurada de xeito completamente aberto, e na que se anima a participar a todos aqueles xogadores e xogadoras en idade mini e premini.

En función da categoría, os nenos e nenas deberán persoarse nas instalacións do Colexio Salesianos, en Ourense cidade, baixo o seguinte programa horario:

09:30 h -11:00 h: Minibasket Masculino (2001 e 2002)
11:00 h -12:30 h: Preminibasket Mixto (2003 e posteriores)
12:30 h -14:00h: Minibasket Feminino (2001 e 2002)

Unha vez alí pasarán a formar parte da dinámica do Programa de Tecnificación FGB, que nesta temporada cumpre catro anos e que continúa a crecer cos obxectivos de implementar e reforzar o traballo coa base do baloncesto da nosa Comunidade.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram