Ourense e o Minibasket, centro dun novo CETI Zonal

A Delegación de Ourense retoma con forza a súa presenza no Programa de Tecnificación Zonal FGB. Regresando á axenda dos CETIS, por primeira vez neste ano 2015, a zonal da provincia ourensá programa para este sábado, 14 de febreiro un novo Centro de Tecnificación orientado á categoría Minibasket.

Empregando como sede o Pavillón do Colexio Salesianos (Ourense), gracias á colaboración do centro educativo, a citada convocatoria, de carácter aberto a todos os xogadores e xogadoras minis que desexen participar, presenta o seguinte calendario:

Delegación Ourense – 14/02/15

Categoría: Minibasket (2003, 2004, 2005 e 2006)

Sede: Colexio Salesianos (Ourense)

Horario

Preminibasket (2005) masculino e feminino: 10:00 h a 11:30 h.

Preminibasket (2006) masculino e feminino: 11:30 h a 13:00 h.

Minibasket (2003) masculino e feminino: 16:00 h a 17:30 h.

Minibasket (2004) masculino e feminino: 17:30 h.a 19:00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram