A Delegación en Ourense vivirĆ” este sĆ”bado a clausura da primeira edición da competición 3×3 Preminibasket, formato implantado nesta zona desde o pasado mes de xaneiro.
A totalidade dos participantes, 98 xogadores e 17 adestradores, estĆ”n citados para unha nova xornada, a que porĆ” o broche a unha iniciativa que non parou de colleitar boas crĆticas dende a sĆŗa posta en marcha.
O Pavillón do Colexio Maristas Ourense serÔ o escenario dos 30 partidos que se disputarÔn nesta última convocatoria, dende as 10:30 ata as 12:30 da mañÔ. Os equipos de Padre Feijoo, Carmelitas Vedruna, CD Maceda e Escuela Deportiva Ourense serÔn os verdadeiros protagonistas, tal e como o viñeron facendo dende o inicio deste formato de competición, sumando para este sÔbado un acto de clausura e entrega de agasallos que recompensarÔ o seu compromiso para con esta novidosa competición.
A Delegación en Ourense quere agradecer a todos aqueles que fixeron posible esta iniciativa, tanto os participantes directos, os responsables dos clubs, pais e familiares, Colexio de Ôrbitros e todas aquelas persoas que puxeron o seu grao de area para conseguir que os mÔis novos disfrutasen dunha atractiva e ambiciosa competición, que se agarda que poida ter continuidade.
Nesta ocasión o agradecemento tamĆ©n se fai extensivo ao Club Maristas Ourense, que a pesar de non participar deportivamente nesta iniciativa, cede as sĆŗas instalacións para poder realizar este fin de festa do 3×3 Preminibasket