Ourense acollerá da man do COB a XXVII Copa Galicia

A XXVII Copa Galicia Sénior Masculina celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de Setembro na localidade de Ourense da man do Club Ourense Baloncesto.

Un ano máis a pretemporada dos equipos galegos das máximas categorías nacionais contará coa Copa Galicia que se celebrará a fin de semana do 14 e 15 de setembro.

Esta vez a localidade elixida para albergar o evento é Ourense, concretamente no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Os enfrontamentos pódense comprobar no documento que se achega

Calendario XXVII Copa Galicia

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram