Ourense acolle o Clínic “Copa Galicia – Vicente ‘Nino’ Santos”

Federación Galega de Baloncesto e AD Bosco Salesianos poñen en marcha o Clínic “Copa Galicia”. No marco da Fase Final da XXXVI Copa Galicia Feminina, ambas as entidades activan este actividade formativa, a celebrar en Ourense este sábado, 17 de setembro: como perfecto preludio á Final da competición copeira, marcada para esa mesma data.

Tres adestradores de máxima referencia serán os protagonistas desta nova iniciativa didáctica. Os galegos Miguel Méndez e Diego Ocampo, e o técnico vasco Iñaki Martín conformarán un completo programa a desenvolver en horario de mañá no Pazo dos Deportes “Paco Paz”

Diego Ocampo, actual adestrador do Tizona Burgos (LEB Prata) abrirá a mañá de aprendizaxe a partir das 10:00 h, recollendo a testemuña a partir das 11:30 h o Seleccionador Español Feminino, Miguel Méndez.
Finalmente, o broche do Clínic virá coa intervención de Iñaki Martín. O técnico axudante no Movistar Estudiantes da pasada temporada 21 – 22 saltará a pista a partir dás 13:00 h. As temáticas das súas tres charlas están tamén xa definidas:

Diego Ocampo: “Optimizar o tempo dende a metodoloxía defensiva”.
Miguel Méndez: “Ataque contra zona: distintos planos e enfoques”.
Iñaki Martín: “Establecendo rutinas no traballo de pretemporada”.

Inscrición
As adestradoras e adestradores que desexen participar neste  Clínic “Copa Galicia” poderán facelo de balde, achegando previamente a súa solicitude de inscrición vía adestradores@fegaba.com antes das 13:00 h deste venres, 16 de setembro. Na mesma débese indicar o nome e apelidos, club de procedencia e Título do Clínic.

Como maior aliciente reseñar que toda persoa que se inscriba e participe recibirá unha invitación gratuíta para asistir a final da Copa Galicia, a celebrar ese mesmo sábado (19:00 h) tamén Pavillón dos Deportes Paco Paz.

Validación
Ademáis do agasallo da entrada para a Final de Copa, os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen na súa totalidade neste Clínic “Copa Galicia” poderán validar a súa presenza por un total de 10 horas de formación complementaria. Este proceso tramitarase do xeito habitual.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram