Os xogadores máis novos de Barco de Valdeorras gozan co Baloncesto

A Delegación FGB en Ourense visitou un destino máis dos estipulados na súa folla de ruta dentro do seu programa de tecnificación. E esta vez, tocou facer parada nunha das vilas con maior tradición no noso deporte:Barco de Valdeorras.

Así, e co Baloncesto compartindo protagonismo co Entroido, no Polideportivo de Calabagueiros xuntáronse este martes, 21 de febreiro, máis de 50 nenos e nenas de minibasket da zona. Desde as 10:30 h da mañá, e aproveitando a xornada non lectiva para os máis novos, un total de 55 xogadores participaron das distintas actividades deseñadas.

Divididos en 2 grupos por idades (alevíns nun e benxamíns e prebenxamines noutro), gozaron de máis de 2 horas e media de baloncesto. Unha primeira sesión de adestramento, onde aproveitaron para ver distintos fundamentos e unha segunda parte de competicións, na que deron renda solta ás súas ganas de xogar e competir.

0396995001330017186-0748218001330017202-

Ademais dos responsables da Delegación en materia deportiva, desprazáronse ao Barco de Valdeorras tres adestradores na súa fase de prácticas dos diferentes cursos de adestradores (Jorge Varela, Manuel A. Delgado e Juan Carlos Sánchez) que contaron a maiores coa colaboración desinteresada doutros adestradores como foron Roberto Pérez e Alberto Fernández; e tamén dos habituais implicados no traballo diario do Club Feminino Sil, Jose Luís, Javier, Patricia e Ana

Como sempre, agradecer a todos a súa implicación, e transmitirlles os desexos de poder retornar de novo ao Barco para vivir de cheo outra xornada máis de auténtico basket.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram