A Área Deportiva da Federación Galega volve a dirixir a súa atención ao grupo de xogadores e xogadoras galegos nados no ano 2001.
Co obxectivo de reforzar o traballo de seguimento que se está a levar a cabo dende o inicio da temporada con esta franxa de idade, a dirección técnica FGB insiste na súa aposta polo formato de Centro de Tecnificación Autonómico e cita para este domingo, 6 de abril, a un total de 38 xogadores (18 rapazas e 20 rapaces) desta categoría.
Os convocados persoaranse no Pavillón do Pombal, en Cambados, pista na que grazas á colaboración de Xuventude Baloncesto e Concello local, poderase comprobar a progresión dos xogadores máis novos.
As sesións de adestramento preparadas para cada categoría, feminina e masculina, realizaranse baixo convocatoria pechada e coa tutela dos colaboradores habituais da FGB para esta empresa: adestradores de sobrada calidade encabezados, repetindo experiencia, por Iago Palmeiro, en feminino, e Cristino Menor en masculino.
Os detalles desta convocatoria dominical, así como o horario dos adestramentos poden consultarse no documento que se achega.