O Baloncesto autonómico viviu esta noite de sábado en A Estrada a súa particular festa de fin de temporada. Coa iniciativa da revista “Zona Press”, e coa colaboración do Concello da Estrada e da Federación Galega de Baloncesto, déronse a coñecer os vencendores dos “VI Premios “Zona Press”, galardóns que neste 2018 recoñeceron aos deportistas máis destacados nun total de 14 categorías.
“VI Premios Zona Press” – Galería de Imaxes
Coa presenza da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez; do Acalde da Estrada, Jose L.Campos; e do Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; desvelouse o nome duns premiados que subiron ao escenario celebrando dende a traxectoria máis destacada ata os mellores deportistas sénior no panorama autonómico, e prestando especial atención tamén, como novidade este ano da man da Federación Galega de Baloncesto, ao Baloncesto de Formación
Así, a publicación deportiva “Zona Press”, que dirixe Óscar Losada, congregou na estradense “Academia Galega de Seguridade Pública” a catro finalistas por cada categoría, desvelando in situ o vencedor en cada unha delas e configurando un palmarés de luxo:
Traxectoria: Pepe Casal
Mellor estranxeira dun equipo galego: Jamie Scott (Universitario Ferrol)
Mellor estranxeiro dun equipo galego: Matt Thomas (Obradoiro CAB)
Mellor promesa galega feminina: Raquel Carrera (R.C. Celta)
Promesa galega masculina Jonathan Barreiro (Baloncesto Zaragoza)
Mellor Xogador dun equipo galego: Salva Arco (C.B. Breogán)
Mellor xogadora dun equipo galego: Beatriz Sánchez (Universitario Ferrol)
Mellor técnico dun equipo galego: Natxo Lezkano (C.B. Breogán)
Mellor xogadora galega: María Pérez Araújo (Universitario Ferrol).
Mellor xogador galego: Alberto Abalde (Valencia Básquet)
Mellor árbitro: Guillermo Ríos
Mellor Adestrador Baloncesto Formación: Nacho silva (Real Club Celta)
Mellor Xogadora Baloncesto Formación: Clara Prieto (Bosco Salesianos)
Mellor Xogador Baloncesto Formación: Martín Iglesias (Porriño Baloncesto Base).