Os valores do Deporte, co Baloncesto como eixo, a escena na localidade de A Rúa

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Baloncesto estende os seus fíos ao ámbito educativo. Coa presenza da súa responsable deportiva, Lucía González, na Semana Cultural do Colexio Pablo VI – Fátima, na localidade de A Rúa, a zonal FGB achega a promoción do baloncesto aos alumnos e alumnas desta vila ourensá.

A encargada da parcela deportiva desta Delegación, e adestradora axudante, á súa vez, na Selección Galega Mini Masculina, formará parte este mesmo xoves (12.00 h) dun coloquio no que compartir con responsables e representantes de Federacións Galegas noutros deportes os valores que a práctica dos mesmos promove. Coa referencia do ciclismo, o fútbol sala e, por suposto, o baloncesto, non faltarán nesta cita conceptos como o compañerismo, o esforzo ou o xogo limpo.

As instalacións do propio Colexio Pablo VI – Fátima servirán de perfecto escenario para este debate, no que se convida a participar a todo aquel inteserado en afondar nesta temática, sempre tan de actualidade no que a deporte base se refire.

Así mesmo, o indicado centro educativo presenta unha variada oferta de actividades cos vindeiros Xogos Olímpicos Londres 2012 como telón de fondo e que, ao completo, pode consultarse no tríptico elaborado para esta ocasión.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram