Os Cursos de Iniciación Arbitral 23 – 24 regresan en setembro

Chega o tempo para formarse como árbitros ou oficiais de mesa, parte Imprescindible do Baloncesto! 

Comité Galego de Árbitros mantén activa a inscrición para os primeiros Cursos de Iniciación Arbitral para a temporada 2023 – 2024.

Dúas convocatorias de carácter presencial con 12 horas formativas por cada curso, e a celebrar en cada delegación zonal FGB, protagonizarán o mes de setembro.

Todos os interesados e interesadas en consultar a información completa desta nova programación dos cursos 23 – 24, así como acceder ao FORMULARIO oficial de INSCRICIÓN poden facelo AQUÍ. 

As datas de cada unha das convocatorias nas que se pode cursar inscrición son as seguintes: 

Arousa – 11 e 12/09/23.
Arousa – 25 e 26/09/23.

Coruña – 11 e 12/09/23.
Coruña – 25 e 26/09/23.

Ferrol – 7 e 8/09/23.
Ferrol – 23/09/23 (curso nunha única data).

Vigo – 13 e 14/09/23.
Vigo – 27 e 28/09/23.

 

Lugo – 7 e 8/09/23.
Lugo – 23/09/23 (curso nunha única data).

Ourense – 09/09/23 (curso nunha única data).
Ourense – 29 e 30/09/23.

Santiago – 13 e 14/09/23.
Santiago – 27 e 28/09/23.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram