Os colexiados de A Coruña aprenden da “experiencia ACB”

O colexiado da Liga ENDESA e colaborador do CGAB, Jacobo Rial, compartiu a tarde do mércores, 31 de outubro; cun total de 20 árbitros adscritos ao Comité Zonal Coruñés, materializando entre todos unha das múltiples actividades formativas incluídas no programa de Coordinación Técnica desta Delegación.

A sesión guiada por Rial baseouse en aspectos de mecánica, expostos a través de xogos e exercicios prácticos ideados polo propio colexiado ACB nas Pistas do Pavillón de Sagrada Familia. 

DSC 0929

 Os colexiados presentes tiveron a oportunidade ademáis de consultar co seu compañeiro ACB aquelas cuestións técnicas a clarificar ou mellorar de cara á súa labor de dirección nos partidos oficiais.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram